domingo, 30 de noviembre de 2008

E SEGUIMOS

Boas veciños!
Aínda que tardamos en escribir, non pensedes que nos olvidamos da situación que estamos a vivir. Xa sabedes que co frío poucas cousas melloran, mais ben conxelasen ¡como o noso concello!pois ben, hoxe a miña crítica vouna dedicar o noso maravilloso alcalde que como sabedes temo a SORTE de que nos represente. Isto é porque hoxe lendo o xornal cal é a miña sorpresa que me atopo unha noticia sobre Cambre. Como saberedes a Xunta ten previsto construir entorno 1800 vivendas, moitas delas protexidas (que en época de crisis para os que somos a plebe pois o agradecemos, non como outros que fan certas declaracións...) e o noso alcalde afirmou onte que ese número é excesivo para as necesidades de Cambre. Ahhh! está ben a cousa: AS NECESIDADES DE CAMBRE!!!pero se Cambre non ten diso. Se temos un transporte público maravillosssiiissiimmmoo, unha oferta de actividades sociais que nin te conto e un longísimooooo etc. Pois ben, eu saquei a miña particular conclusión de todo isto: eu creo que as necesidades de CAmbre son esas 1800 vivendas para poder decidir quén é valido para a alcaldía e a oposición (porque a hai en contra tamén) e quén non o é. Porque se Cambre non necesita máis cidadáns haber que necesita. Mira por dónde ó mellor poderíamos conseguir mellores comunicacións, a farmacia tan prometida en época de eleccións....