jueves, 5 de febrero de 2009

VOLTA DE NOVO!

Un saúdo veciños!
Parece que a proximidade das eleccións, recordan os nosos políticos que hai algo vivente nesta urbanización. Sí, señores, acordáronse de nós!!!Pero, tranquilos, non por moito tempo. E dende logo non por algo útil.
Eu o único que lles pido e que, pareceme moi ben que fagan actos políticos buscando o seu voto, pero polo menos que conserven e RESPETEN o que os veciños teñen (aínda que non se conserven xa en moi boas condicións): o césped. Porque se non o sabedes, a policía local está a revisar se os veciños con cans recollen os excrementos destes (moi respetable e correcto) pero, ¿Que hai da integridade do césped despois de que camións pasaran por riba de él para montar as carpas do acto político do PSOE o pasado venres. Por favor, sede un pouco curiosos que queredes gañar o voto!
Un saudo