martes, 9 de septiembre de 2008

Unha opinión

Vaia por diante que antes de escribir este artigo deille moitas voltas á cabeza pensando se sería o máis axeitado dado que non é unha denuncia en si mesma e tamén un pouco polo meu excepticismo cara este tipo de canles de comunicación.

Digamos que eu diviso a problemática dende un ponto de vista algo máis externo...

Mais xa que comecei pois alá vai; para comezar, e vendo tódolos problemas que aquí se mostran, pareceríame esclarecedor agrupar tódolos casos en tres grandes grupos que a continuación paso a describir:

- Problemas por deficiencias - Neste apartado inclúense roturas de mobiliario urbano, estado deficitario de elementos comúns tales como o estado da plazoleta que está detrás do Río Gándara (Plaza do Eroski) ou doutras plazas, rotura das vallas que separan o Paseo do trazado ferroviario, levantamento do pavimento das beirarrúas nalgúns sitios da urbanización, as pedras que anegan o susodito Paseo e todo tipo de situacións desta índole.
En todos estes casos o goberno municipal ten A OBRIGA de subsanar as roturas de todo aquel mobiliario que esté baixo a súa xurisprudencia coa MENOR BREVIDADE POSÍBEL. Polo tanto son feitos MOI CLARAMENTE DENUNCIÁBEIS e nos que, como cidadáns e cidadás de calqueira sitio, (neste caso da Barcala) non podemos tolerar nin permitir porque para iso se tributan unha serie de impostos que deberían servir, polo menos, PARA MANTER O POUCO QUE HAI.

- Melloras - Este apartado podería abranguer actuacións que, sen ser reparadoras nen subsanatorias, si que se poden plantexar máis ou menos necesarias a curto ou medio prazo para aumentar ou manter un estado de boa convivencia e de benestar entre a veciñanza da urbanización. Falaba unha veciña de accesos para os deficientes físicos con moito tino xa que é un dereito constitucional das persoas con probemas de mobilidade ter acceso a todos os servizos que o ente público poña a disposición do coxunto dos cidadáns. Mais neste grupo pódense tamén incluir o caso da biblioteca da Barcala (que responde moi claramente a unha pésima organización dos locais públicos), o dereito a dispoñer dun local para a terceira idade que mencionaba un veciño e do que xa dispoñen dende hai moito tempo parroquias como Cambre e todo tipo de, por chamalas dalgunha maneira, actuacións que supoñan unha INVERSIÓN por parte do goberno municipal.

- Outras actuacións - Aquí pois pódense meter dende o tema das pintadas (que non se trata de pintar cada vez que fan unha senón de buscar outro tipo de solucións alternativas) até a famosa policía de barrio, pasando por unha zona verde o suficientemente grande para equiparase coa poboación que ten un núcleo como a Barcala, indo por locais ou instalacións deportivas DIGNAS para a mocidade, os arranxos nos 3 parques infantís para adaptárense á normativa de instalacións infantís de recreo (creo que se chama asi mais non estou seguro) ou o tema do transporte público (buses e trenes), tema do que se queredes vos falo noutra ocasión xa que iso daría para facer unha tese de doutoramento e ainda sobraría material.

Por último e como opinión persoal e partindo de que A Barcala forma parte desa zona máis urbana que ten o noso concello (existe tamén unha parte rural con problemáticas ben distintas), creo que tamén é responsabilidade dos veciños e veciñas da Barcala ESIXIR que se cumpran todos os compromisos que as diferentesa agrupacións políticas fan en período de eleccións ou que simplemente teñen que facer para cumplir dereitos dos residentes e para iso e por iso valoro moi positivamente esta blog xa que non é unha cuestión de cores políticas nin partidistas senón dunha serie de dereitos mínimos que todo cidadán de Cambre debe ter como é un mobiliario urbano en condicións ou espazos públicos que non poñan en perigo a seguridade de ningún viandante.

Xa para rematar plantexo unha cuestións: Vantaxes e desvantaxes dunha asociación de veciños.....

Un cordial saúdo e desculpas polo rollo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Bienvenido, como tu dices la finalidad de este blog es hacer llegar de alguna forma al Ayto. y denunciar el deficiente estado y servicios que tiene nuestra urbanización.
LLevan años pasando olímpicamente de La Barcala, solo aparecen cuando se aproximan las elecciones, ya es hora de que dejen de ignorarnos como si perteneciesemos a otro Ayuntamiento.
No sé si existe aquí una asociación de vecinos y si existe brilla por su ausencia.
Un Saludo.
Manuel.